V de Vendetta, a película, basada nos comics escritos por
Alan Moore, é a historia ambientada en Gran Bretaña durante un futuro cercano e tras unha guerra nuclear , con gran parte do mundo destruído. Neste tempo indefinido un partido un partido fascista ostenta o poder no Reino Unido. Un misterioso revolucionario apodado ''V'', oculto tras unha máscara de
Guy Fawkes, comeza unha elaborada e violenta campaña co fin de derrocar o geberno e incitar á poboación a adoptar un modelo político-social distinto.
Esta película foi producida en 2006 polos
hermanos Wachowski que escribiron a adaptación cinematográfica dirixidas por
James McTeigue con
Hugo Weaving e
Natalie Portman como Evey Hammond. Esta versión foi tanto criticada como alabada, por un lado, condensa e omite varias historias laterais do cómic, facendo ao líder de Norsefire un mal unidimensional en moitos aspectos. Tampouco fai referencia directa á ideoloxía anarquista de V, o cal provocou que o guionista Alan Moore desmarcárase completamente do proxecto.

En relación coa liberdade de información nunha sociedade democrática paréceme unha característica imprescindible que todo o mundo ten que exisir se é o que verdadeiramente queren, xa que para min é un dereito fundamental como moitos outros. Polo tanto, non estou de acordo en que o goberno e moitas das grandes empresas podan controlar ou filtrar, máis ben manipular sen dereito ningún a información nunha sociedade libre que chega aos cidadáns para tenernos sometidos ou controlar a situación de seguridade na que, se non fora así, non a poderían controlar, e ao mellor isto é o problema.
No comments:
Post a Comment