Wednesday, January 16, 2013

Exposición no MARCO

  A nova exposición do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) titúlase Balea Negra e é un proxecto que toma como punto de partida a crise provocada polo accidente do buque Prestige o 13 de novembro de 2002 nas costas galegas, o mesmo día que se inauguraba o museo, para documentar e rememorar aqueles días desastrosos e para abordar algunhas das cuestións máis incitantes do noso tempo: a explotación da natureza, o legado do colonialismo, a historia da modernidade, o mito do progreso indefinido, o comercio marítimo, a globalización, os movementos sociais ou a guerra, nesta estupenda obra.

Esta exposición está concibida en varios eixes temáticos que se van entrecruzando nos espazos da planta baixa, e combina abundante material documental —prensa, fotografías, obxectos, testemuños, vídeos, pezas gráficas...— con máis de cincuenta propostas artísticas en diversos soportes, dende pezas históricas ata obras máis recentes de pintura, fotografía, escultura, vídeo, cinema, debuxo, e instalacións.

Dende o meu punto de vista pareceume moi boa idea esta exposición xa que hai que recordar a  terrible desastre natural que azotou as costas galegas fai 10 anos.


Verbo procrastinar

tumblr_manmsvfl1d1r3y1e8o1_400.jpg (364×380)Trátase dun verbo intransitivo que provén do latín cras que significa mañana. Como sinónimos atopamos verbos como posponer, aplazar e diferir.
Un famoso refrán que combate a procrastinación é o que dí: ``Non deixes para maña o que podas facer hoxe´´.
 Estamos ante un caso de cultismo que define á perfección a acción de aplazar unha tarefa ou obligación que non se debería postergar.Creo que non é moi habitual o seu uso, aínda que hai xente para todo!!