A nova exposición do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) titúlase Balea Negra e é un proxecto que toma como punto de partida a crise provocada polo accidente do buque Prestige o 13 de novembro de 2002 nas costas galegas, o mesmo día que se inauguraba o museo, para documentar e rememorar aqueles días desastrosos e para abordar algunhas das cuestións máis incitantes do noso tempo: a explotación da natureza, o legado do colonialismo, a historia da modernidade, o mito do progreso indefinido, o comercio marítimo, a globalización, os movementos sociais ou a guerra, nesta estupenda obra.
Esta exposición está concibida en varios eixes temáticos que se van
entrecruzando nos espazos da planta baixa, e combina abundante material
documental —prensa, fotografías, obxectos, testemuños, vídeos, pezas
gráficas...— con máis de cincuenta propostas artísticas en diversos
soportes, dende pezas históricas ata obras máis recentes de pintura,
fotografía, escultura, vídeo, cinema, debuxo, e instalacións.
Dende o meu punto de vista pareceume moi boa idea esta exposición xa que hai que recordar a terrible desastre natural que azotou as costas galegas fai 10 anos.
Dende o meu punto de vista pareceume moi boa idea esta exposición xa que hai que recordar a terrible desastre natural que azotou as costas galegas fai 10 anos.
No comments:
Post a Comment