Monday, February 11, 2013

Axencia española de protección de datos.

Visitadea aquí
A axencia española de protección de datos é a autoridade de control independente que vela polo cumplemento da normativa sobre a protección de datos e garantiza e tutela o dereito fundamental á protección de datos de carácter personal. Resumidamente consiste catro características:

  • INFORMA sobre o contenido, os principios e as garantías do dereito fundamental á protección de datos regulado pola LOPD.
  • AXUDA ao cidadán a exercitar os seus dereitos.
  • AXUDA aos responsables e encargados de tratamentos a cumplir as obligacións que establece a LOPD e a resolver as súas dudas.
  • GARANTE o dereito á protección de datos investigando aquelas actuacións dos responsables ou encargados de ficheiros que poidan ser contrarias aos principios e garantías contidos na LOPD, ben de oficio, ou por denuncia de un particular. Impón, en estos casos, as correspendentes sancións.

''Toda persoa ten dereito á protección dos datos de carácter persoal que a concernan e este dereito  atribuelle a facultade de controlar os seus datos''




Friday, February 8, 2013

Os Simpson

Simpson
Nestes últimos días nas clases de TIC estivemos vendo as maneiras de ver a intimidade dende a TV. Como non podía faltar unha das series archicoñecidas das nosas  vidas vou falarvos algo sobre a familia dos Simpson. Foi emitida por primeira vez no ano 1989 ata os nosos días con nada menos que 24 temporadas. Elexín esta serie xa que parecíame interesante mencionar a intimidade desta familia xa que aínda que sexan debuxos animados é a súa vida e moita xente sentiríase moi identificado algunha vez que outra cos distintos persoaxes: Homer, Marge, Bart, Lisa e Maggie

Friday, February 1, 2013

Show de Truman




O show de Truman é unha película estadounidense de xénero comedia dramática e ciencia-aficción. Foi dirixida por Peter Weir, escrita por Andrew Niccol e protagonizada por Jim Carrey e Ed Harris. O ano de producción foi o 1998 e a  súa duración é de 105 minutos. Segundo a páxina IMDb a súa valoración é de 8 sobre 10 según 327.671 usuarios.
Particularmente pareceume unha película moi boa e se tivera a ocasión de vela outra vez non o dubidaría. Penso que foi coma unha predicción do futuro que estamos vivindo neste momento, e cando estrenouse a nadie se lle ocorrería que este programa podería existir, pero actualmente pode que non o vexamos moi lonxe.
Un dos temas que trata este film é a incomodidade que resulta da sociedade na que moita xente desexa ver a diario a intimidade dos demáis, sendo conscientes de que moitas veces son actores. Aínda que no caso de Truman non é así.



Por último penso que a TV crea este tipo de pasatempos sen ningunha demanda previa senón que o publican pensando nunha determinada audiencia e se non se cumpre nun peridodo de tempo xa establecido retírase ese programa da televisión, por iso as cadeas que promocionan lixeiramente a intimidade son as que economicamente son substanciosas.