Sunday, December 16, 2012

Videoxogos!


Audiosurf é un videoxogo musical no que o xogador percorre unhas pistas de varios carrís recollendo bloques de cores que aparecen ao ritmo da música. Publicouse o  2008 a través da plataforma Steam. Este xogo consiste en que o xogador controla un vehículo que levita, que percorre unha especie de montaña rusa, dividida en varios carrís. A meta deste xogo é conseguir a maior cantidade de puntos posibles ao final da aventura.

Gustoume moito xogar a este videoxogo, xa que é como o  pai de videoxogos como Guitar Hero e moitos dos videoxogos de musica actuais, xa que nos permite a nós escoller a nosa propia música, o que fai que sexa máis interesante.
Só lle pedría ao profe que non nos puxera como traballo probar videoxogos na época de exames.  


Creo que, sen duda, o xogo  que máis utilicei foi Super Mario Bros xa que segue innovando dende o seu nacemento en 1985, o xogo  para min máis famoso  polas aventuras do pequeno fontaneiro de gorra vermella.  Con el xoguei dende que era pequena na miña Game Boy rosa que me regalaron pola miña Comunión ata a miña última consola a DS xa que eu non me intereso moito por este tipo de xogos.



Saturday, December 15, 2012

Meu videoclip!

Falando de videoclips na clase de TIC, teño que recomendarvos un da banda inglesa @keaneofficial chamado ''Bedshape'' (desamparado en español), do seu tercer álbum Hopes and Fears. Para min é sin duda un dos melllores videoclips deste grupo, xa que, como veredes, é un bó traballo de prodiucción e de orixinalidade. Espero que vos guste e os transmita o mesmo que a mín!

Que é un podcast?



Un podcast consiste nun tipo de medio de comunicación dixital que consiste nunha serie episódica de radio de audio , vídeo , PDF ou ePub. Podemos resumilo como arquivos subscritos e descargados a través dunha web ou transmitido en línea a unha computadora ou dispositivo móvil.

A característica máis importante de este método é que ti elixees a orde, o xénero, é dicir, intercalando todo o que ti desexes.
Capitán Demo- Programa de maquetas musicales
Ademais grazas a programas como Juice podemos descargar e almacenar, por exemplo, os programas de radio automáticamente, permitíndoche crear o teu propio audio e ademais escoitalo onde ti queiras, sendo unha ferramenta moi útil para quen non pode perder o tempo.
Clicáde na imaxe  para  provar a experiencia do podcast!


Por último recoméndovos un destes programas para Android. Provade xa Beyond Pod, é gratuito!

Thursday, December 6, 2012

O bloguero que denunciou a Telecinco.

Unha vez máis as redes sociais demostráronnos co poder que contan.
Da proposta dun bloguero  xerminou un movimento que lograou que varias marcas deixen de anunciar no programa ‘La Noria’ de Telecinco, a raíz da entrevista realizada o  sábado 29 de octubre de 2011 a Rosalía García, nai de ‘El Cuco’, uns dos implicados na morte de Marta del Castillo.