Friday, February 1, 2013
Show de Truman
O show de Truman é unha película estadounidense de xénero comedia dramática e ciencia-aficción. Foi dirixida por Peter Weir, escrita por Andrew Niccol e protagonizada por Jim Carrey e Ed Harris. O ano de producción foi o 1998 e a súa duración é de 105 minutos. Segundo a páxina IMDb a súa valoración é de 8 sobre 10 según 327.671 usuarios.
Particularmente pareceume unha película moi boa e se tivera a ocasión de vela outra vez non o dubidaría. Penso que foi coma unha predicción do futuro que estamos vivindo neste momento, e cando estrenouse a nadie se lle ocorrería que este programa podería existir, pero actualmente pode que non o vexamos moi lonxe.
Un dos temas que trata este film é a incomodidade que resulta da sociedade na que moita xente desexa ver a diario a intimidade dos demáis, sendo conscientes de que moitas veces son actores. Aínda que no caso de Truman non é así.
Por último penso que a TV crea este tipo de pasatempos sen ningunha demanda previa senón que o publican pensando nunha determinada audiencia e se non se cumpre nun peridodo de tempo xa establecido retírase ese programa da televisión, por iso as cadeas que promocionan lixeiramente a intimidade son as que economicamente son substanciosas.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment