Thursday, June 6, 2013

Spam e estafas en internet

Chámanse Spam aos mensaxes non solicitados, non desexados ou de de remitente non coñecido (correo anónimo), habitualmente de tipo publicitario, xeneralmente enviados en grandes cantidades (incluso masivas) que perxudican de algunha ou varias maneiras ao receptor. A acción de enviar estes mensaxes denomínase spammiing.
 Os individuos ou empresas que envían correo non deseado empregan diversas técnicas para conseguir as longas listas de direccións de correo que necesitan para a súa actividade, xeneralmente a través de robots ou programas automáticos que recorren internet en busca de direccións activas.

A continuación comentarei algúns exemplos vistos en clase:

  • A estafa nixeriana consiste en ilusionar á vítima cunha fortuna inexistente e persuadila para que pague unha suma de diñeiro por adelantado, como condición para acceder á suposta fortuna. As sumas solicitadas son bastantes elevadas, pero insignificantes comparadas coa fortuna que as vítimas esperan recibir.
  • Anuncios de cans que consisten en adopcións ou de venta de animais de compañía en varios dos portales de Internet dedicados á compra-venta e incluso a adopción, ofrecendo cans, gatos e incluso animais exóticos a uns prezos moi baixos ou mediante a adopción, previo pago de ''gastos de transporte e tasas''.
  • Scammer rusa este é o caso no que a persona que comete o delito se fai entregar un ben patrimonial, por medio do engano, é dicir, facendo creer  a existencia de algo que en realidade non existe. Aquí, solicita o envío dunha cantidade de diñeiro para viaxar e reunirse coa persoa ''amada''. Por suposto, a persoa estafada non volverá a ver ese diñeiro, e moito menos á persoa á que mandou o diñeiro. 
  • Phishing mediante a inxeniería social caracterizada por intentar adquirir información confidencial de forma fraudulenta (como unha contraseña ou información detallada sobre as tarxetas de crédito ou outra información bancaria). O estafador se fai pasar por unha persoa ou empresa de confianza nun aparente comunicación oficial electrónica, polo común un correo electrónico, ou algún sistema de mensaxería instantánea ou incluso empregando tamén chamadas telefónicas.


Para mín é necesario a responsabilidade do estafado por medio deste tipo de suceso mediante a denuncia,  aínda que non sexa unha gran cantidade de diñeiro perdido, participaremoss na solución deste problema aínda que sexa case imposible no mundo de Internet.


No comments:

Post a Comment