
Audiosurf é un videoxogo musical no que o xogador percorre unhas pistas de varios carrís recollendo bloques de cores que aparecen ao ritmo da música. Publicouse o 2008 a través da plataforma Steam. Este xogo consiste en que o xogador controla un vehículo que levita, que percorre unha especie de montaña rusa, dividida en varios carrís. A meta deste xogo é conseguir a maior cantidade de puntos posibles ao final da aventura.
Gustoume moito xogar a este videoxogo, xa que é como o pai de videoxogos como Guitar Hero e moitos dos videoxogos de musica actuais, xa que nos permite a nós escoller a nosa propia música, o que fai que sexa máis interesante.
Só lle pedría ao profe que non nos puxera como traballo probar videoxogos na época de exames.

Creo que, sen duda, o xogo que máis utilicei foi Super Mario Bros xa que segue innovando dende o seu nacemento en 1985, o xogo para min máis famoso polas aventuras do pequeno fontaneiro de gorra vermella. Con el xoguei dende que era pequena na miña Game Boy rosa que me regalaron pola miña Comunión ata a miña última consola a DS xa que eu non me intereso moito por este tipo de xogos.